INSCRIPCIÓNS 2020-2021

O prazo de inscrición para os servizos que se ofrecen dende a ANPA ábrese este luns 31 de Agosto, e pecharase o 6 de Setembro.

Colgarase o luns na web da ANPA os formularios. Para evitar o movemento de xente polo centro, este ano, as xestions realizaranse vía electronica, polo que a documentación hase de remitir por correo electrónico á dirección:

informacion@anpaquintan.com

            Só para casos xustificados poderase entregar en papel, con CITA PREVIA, chamando o teléfono 639 947 505 (de 09:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h).

            Este ano, dada a situación condicionada polo COVID, os servizos de madrugadores e comedor tivéronse que reducir prazas e non se poderá dar servizo ao número de usuarios que viña sendo habitual. Serán servizos de CONCILIACIÓN, será motivo de exclusión que non traballen os 2 pais.

            Polo mesmo motivo, non haberá actividades extraescolares. En cambio, pensando unha vez máis na conciliación das familias, ofértase un servizo de LUDOTECA para aquelas familias que o necesiten. Será dende as 16:00 a 18:00h, onde os nenos estarán co seu monitor realizando talleres, estudando, lendo…

            Debido a que tivemos que reducir as prazas do comedor, buscáronse alternativas que poidan axudar ás familias. Ofertamos 2 servizos máis (que se poden combinDar, escoller un non implica renunciar ao outro):

-GARDA-CUSTODIA, desde as 14:00h até as 14:30, para os pais que por horario laboral necesiten esa marxe para recoller ao neno.

-TAKE AWAY, poderedes levar a comida do neno do comedor para casa.

Pensamos moito nos nenos, as familias e a conciliación. Esperamos que estes servizos vos sexan de axuda na organización familiar.

Calquera dúbida, poñedevos en contacto connosco.

Saúdos

ANPA QUINTAN – Mondego