BENVIDA Á NOVA DIRECCIÓN DO CENTRO

Estimadas familias:

Dende a Anpa queremos dar unha calurosa benvida a María Dominguez como nova Directora do noso Centro. Con máis de 20 anos de experiencia como mestra da especialidade de audición e linguaxe, dende o 2011 ten o seu destino definitivo no noso colexio traballando a reo no Departamento de Orientación.  Moitas felicidades por este novo cargo onde estamos seguros que seguirá traballando coma de costume polo beneficio de todo o alumnado.