RESUMO ASAMBLEA

Estimados soci@s:


A continuación, faremos un pequeno resumo da asamblea que tivo lugaro pasado 26 de abril e das decisións que se tomaron:


-As contas quedaron aprobadas.
-Despois de sometelo a votación, decidiuse ceder a xestión do comedor e
madrugadores ó Concello de Sada por un periodo de 2 anos. Esto implica que as
xestións de altas, baixas e calquer tipo de cambio faranse a través de esa administración
pública. O Concello pola sua banda, licitará o servizo para determinar a empresa de
catering e os monitores quedarán subrogados. Sen embargo é a nosa intención seguir
vinculados ós servizos para velar que se cumpren todas as condicións acordadas.
-En canto ás actividades extraescolares, se a situación sanitaria é a adecuada
para o vindeiro curso, queremos crear unha oferta variada e atractiva tanto para infantil
como primaria e non só de conciliación.
Tamén estamos a traballar na creación dunha “ESCOLA DE FAMILIAS” para
que todos os meses se organice alguna actividade interesante onde podamos participar
todos en conxunto.
Outro proxecto que estamos a iniciar é que o noso colexio consiga o distintivo
VIOLETA. Para iso é preciso traballar cara a unha igualdade real tanto de xénero, como
de non discriminación por capacidades nas aulas, a non violencia (bulling) . Polo que se
organizarán talleres, charlas, actividades encaminadas a logralo.
E para rematar queremos transmitirvos dende o comercio local de Sada o
agradecemento polo uso dos carnets de socio que están a funcionar moi ben.


Un saúdo
A Xunta Directiva