NIDO DE PAXARIÑOS

Nos recunchos máis insospeitados aparece a vida. Nestes días de primavera fomos testemuñas de cómo unha familia de paxariños escolleu o conducto de ventilación do comedor para facer o seu niño. A tarefa non foi sinxela pero a nosa conserxe María, os monitores e os nen@s de ludoteca, levaron a cabo o rescate cara un lugar máis seguro para todos. O reencontro familiar foi posible e a nai xa atopou os seus pitiños. A natureza segue así o seu camiño. Aqui deixamos unhas fotos do acontecido