INFORMACION IMPORTANTE PARA ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Estimadas familias:

En relación ó proceso de matriculación do alumnado de sexto de primaria no Isaac Diaz Pardo para o vindeiro curso, queremos informarvos de vimos de falar co Instituto e confírman que os postos escolares que teñen  dispoñibles para os centros adscritos, que é o caso do noso colexio, son suficientes para atender a demanda existente, polo tanto quedan todos admitidos.

Para realizar a formalización da matrícula o prazo abrirase a finais de xuño.

Seguimos pendentes das novidades.

Un saúdo

A Xunta Directiva.