NON Ó PECHE DAS AULAS DE INFANTIL

Este venres, día 6, ás 19:00  ímonos reunir no colexio para tratar o tema do peche das aulas de infantil (e como consecuencia, ausencia de profesores).

É algo que nos afecta a todos. Están a pechar aulas en diversos niveis e centros – tanto de educación infantil, primaria e secundaria-. Pode que este ano, o seu fillo non se vexa afectado pero quizais sí nos vindeiros anos.

Necesitamos apoio das familias, as vosas ideas para reivindicar esta protesta e conseguir un curso coas aulas e os mestres necesarios.

Cantos mais sexamos, millor!!!

Compartide!! Avisade que veña a xente… incluso as familias que os seus nenos ainda están na guardería, a eles tamén vailles afectar, é difícil reabrir unha aula pechada.

Contamos contigo!!

Pd.- Debido a situación sanitaria actual, se pode ser, que veña só 1 adulto por familia