XOGOS E XOGUETES POLA IGUALDADE

O vindeiro día 19 de novembro de 16:00 a 18:00 nas instalacións do noso cole temos preparado un taller que pensamos será moi útil especialmente  nas datas que se aveciñan do Nadal. 

Trátase dunha  actividade esta vez exclusiva para nais e pais “XOGOS E XOGUETES POLA IGUALDADE” onde  aprenderemos dunha forma activa, participativa e dinámica a ver a xogos e xoguetes dende outra perspectiva evitando así os roles de xénero.

Para anotarvos só tedes que premer na seguinte ligazón: https://forms.gle/7c4NDi2cmoA4izNy6

Será gratuito para socios e para os NON socios terá un custo de 3€ por familia. 

Ademáis para os que o precisedes, haberá un servizo de ludoteca para os máis pequenos, só tedes que indicalo ó anotarvos no formulario. Non olvidedes facelo antes do día 17 de novembro.

Animádevos a participar!!!!!!