TALLER CIBERSEGURIDAD E “CAMIÑO A VIOLETA”

O vindeiro 26 de novembro de 16:00 a18:00 nas instalacións do noso cole temos preparadas dúas actividades súper interesantes.

Por un lado, virán a explicarnos a iniciativa promovida pola Anpa do proxecto “CAMIÑO A VIOLETA” que se está a levar a cabo no cole.

E por outro, teremos a sorte de que Daniel Sanchez Villaverde, Xefe da policía local de Arteixo e experto en CIBERSEGURIDADE  veña a facer unha exposición deste tema. Consideramos que é importantísimo ter a máxima información posible nestes tempos que estamos a vivir.

Para anotarvos só tedes que premer na seguinte ligazón:https://forms.gle/vZR92fw4B4XUteft5

Será gratuíto para socios e para os NON SOCIOS terá un custo de 3€ por familia.

Ademáis, para os que o precisedes, haberá un servizo de ludotecas para os máis pequenos. Só tedes que indicalo ó anotarvos no formulario.

Non olvidedes facelo antes do día 24 de novembro.

Animádevos a participar!!!