
Boas familias:
O vindeiro luns arrancamos coas actividades extraescolares!!!!!!
Deixamos por aquí información sobre as entregas en recollidas do alumnado xa que houbo variacións con respecto o ano pasado:
- O alumnado usuario de comedor esperará no patio cuberto con Andrea.
- O alumnado que veña de fóra ás 16:00 e ás 17:00 esperará na pasarela que conecta as escaleiras co pavillón polo seu monitor.
- O alumnado que marche ás 17:00 e ás 18:00 esperará na pasarela que conecta ás escaleiras co pavillón a ser recollido.
- As persoas encargadas da entrega e recollida do alumnado teñen que acceder ó recinto escolar pola porta principal do cole ( por onde entran os coches dos profes) .
Pregamos que unha vez sexa recollido o alumnado abandonedes o recinto escolar a maior brevedade posible.
Moitas grazas pola vosa colaboración e comprensión.