Boas familias:
Como estes útimos anos levaremos a cabo un campamento de verán do 22 ó 30 de xuño . Esta vez ofertamos a posibilidade de comedor , así que non o dubidedes!
En breve poremos a vosa disposición o formulario de inscrición

Asociación de Nais e Pais "Quintán"
CEIP de Mondego
Boas familias:
Como estes útimos anos levaremos a cabo un campamento de verán do 22 ó 30 de xuño . Esta vez ofertamos a posibilidade de comedor , así que non o dubidedes!
En breve poremos a vosa disposición o formulario de inscrición
Boas familias
Moitos de vos levades tempo preguntando se recolliamos enseres para aportar ós damnificados do terremoto acontecido en Siria e Turquía. Ben, pois a semana que ven podedes facer a vosa aportación que levaremos ó Banco de Alimentos Rías Altas. Eles coméntanos que agora só recollen:
-sacos de durmir
-leite el polvo
-comida en lata
Podedes facer a vosa aportación do 6 ó 10 de marzo de 9:15 a 13:30 no hall do cole y de 16:00 a 18:00 en ludoteca.
Gracias de antemán
Boas familias:
Xa podedes anotarvos ó campamento de Nadal que estamos a argallar no noso cole.
Premede na seguinte ligazón e respostade ás cuestións:
https://forms.gle/SdSdygy3wm9rxA456
Animámosvos a participar no campamento de Nadal que organiza a ANPA QUINTAN xunto coa Asociación Deportiva As Mariñas, no CEIP Pedro Barrié de la Maza.
Durante estes días de lecer, tentaremos encher o tempo libre dos rapaces e rapazas da forma máis proveitosa e divertida. Para iso temos preparado principalmente actividades enfocadas ó Nadal como talleres de adornos, doces típicos, postais… todo isto combinado por suposto con actividades deportivas.
O campamento celebrarase do 23 de decembro ó 5 de xaneiro.
A hora do inicio das actividades será ás 9:00 da mañá aínda que a partir das 8:00 haberá un servizo de madrugadores. O remate das actividades será ás 14:00 puidendo recoller ós nenos ata ás 14:30.
CONDICIÓNS XERAIS E REQUISITOS DE ADMISIÓN
● Nùmero mínimo de 15 participantes.
PRAZOS :
● Inscricións en liña do 26 de novembro ata ó 14 de decembro a través do formulario publicado na web da ANPA.
● Prazas limitadas: 50 usuarias/os.
ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
● No caso de que demanda supera ás prazas, primarase as necesidades de conciliación e ós asociados á ANPA. (Requerirase, de ser preciso, documentación relativa ós horarios de traballo)
PREZOS:
SEMANA 1 (DO 23 Ó 30 DE DECEMBRO)
● SOCIOS: 50€
● NON SOCIOS: 75€
● IRMÁNS: 50% DESCONTO (para o 2º irmán e sucesivos)
SEMANA 2 (DO 2 Ó 5 DE XANEIRO)
● SOCIOS: 30€
● NON SOCIOS: 55€
● IRMÁNS: 30% DESCONTO (para o 2º irmán e sucesivos)
COMPLETO (DO 23 DE DECEMBRO Ó 5 DE XANEIRO)
● SOCIOS: 70€
● NON SOCIOS: 95€
● IRMÁNS: 50% DESCONTO (para o 2º irmán e sucesivos)
Boas familias:
O vindeiro luns arrancamos coas actividades extraescolares!!!!!!
Deixamos por aquí información sobre as entregas en recollidas do alumnado xa que houbo variacións con respecto o ano pasado:
Pregamos que unha vez sexa recollido o alumnado abandonedes o recinto escolar a maior brevedade posible.
Moitas grazas pola vosa colaboración e comprensión.
A continuación detallamos o horario proposto realitivo ás actividades extraescolares para o vindeiro curso 2022-2023. Este horario cumprirase sempre e cando se forme grupo suficiente en cada actividade.
O período de inscricións será do 19 ó 25 de setembro.
Para realizar a inscrición tedes dúas opcións:
1. Premede no seguinte enlace e LEMBRADE CUBRIR UN FORMULARIO POR ALUMNO/A: (preferente)
https://forms.gle/b6j1nSmK7gzM4WvF7
2. Cubride a seguinte documentación e enviadea por mail a anpaquintan.info@gmail.com ou deixadea no buzónda Anpa:
Se todavía non eres socio, ¿a que estás a esperar? Preme no seguinte formulario:
https://forms.gle/qQpar5385SKSdHBVA
A continuación, faremos un breve resumo das actividades ofertadas:
LINGUA DE SIGNOS / INTELIXENCIA EMOCIONAL:
Xa o ano pasado contamos con Eva (integradora social e educadora infantil) para lingua de signos e este ano impartirá tamén intelixencia emocional.
PATINAXE ARTÍSTICO:
Este ano contamos co CLUB PATINAJE ARTÍSTICO DE SADA para esta actividade, da man de Paula, seguro que todos os nen@S quedarán encantados.
PINTURA:
Esta actividade é das mais demandadas grazas a calidade do seu profesor Edgar Ortiz quen leva moitísimos anos colaborando co noso cole.
BAILE GALEGO:
Impartida polo profesor de sobra coñecido todos: Miguel Abad da Agrupación sadense Queiroa.
TEATRO:
Impartida por Manuela Varela, actriz que leva moitos anos colaborando co cole.
JUDO:
Impartida por JUDO CLUB OLEIROS, colabora con nós dende o ano pasado con moi bos resultados.
LUDUSENGLISH:
Unha forma diferente de aprender inglés: dun modo ameno e innovador.
FRANCES:
Actividade encaminada ós mais maiores xa que lembrade que no insti é asignatura obligatoria.
BAILE MODERNO/ ACRODANCE:
Grazas ó estudio de danza dirixido por Clara Losada de sobra coñecido por todos na nosa vila.
TAEKWONDO:
Clube de Taekwondo Sada no que o traballo en equipo, o respeto polos compañeir@s e o esforzo son os pilares fundamentales da súa filosofía.
BALONCESTO:
Da man do Clube de Baloncesto GOLFIÑO DE SADA, coloboran con nós dende o ano pasado co seu profesor Iván.
ATLETISMO/ MULTIDEPORTE:
Grazas ó CLUB DE ATLETISMO SADA e da man dos seus monitores sobradamente coñecidos: Hugo e Alex.
FUTBOL SALA MIXTO:
Impartido por Germán do FC CARNOEDO é unha aposta nova para este ano.
VOLEYBOL:
Tamén é unha das novas apostas para este ano. Será impartido polo CLUB DEPORTIVO PADRE FAUSTINO.
** Para a inscrición nas seguintes actividades realizadas fóra do recinto escolar, tedes que poñervos en contacto directamente con eles. É requisito indispensable ser socio da Anpa para que podades obter os descontos que nos ofertan:
PISCINA: Na piscina de Dorneda, inscricións xa cerradas. 10€/mes
ROBÓTICA: Realizada en Sada Cartucho, Serían 23€/mes.
CLUB HÍPICA DE SAMOEDO: Serían 30€/ mes. Habería que federarse (35€/ano) Prestan eles casco e chaleco de seguridade.
HORARIOS DAS ACTIVIDADES.
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | HORA |
JUDO PINTURA B. MODERNO | TAEKWONDO LINGUA DE SIGNOS VOLEY BAILE GALLEGO | JUDO PINTURA B. MODERNO | TAEKWONDO VOLEY BAILE GALEGO | MULTIDEPORTE FUTBOL SALA MIXTO | 16 h. |
PATINAXE ARTISTICA | ATLETISMO TEATRO INTELIXENCIA EMOCIONAL | PATINAXE ARTISTICA FUTBOL SALA MIXTO | ATLETISMO TEATRO | MULTIDEPORTE | 17h. |
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | HORA |
JUDO PINTURA BALONCESTO PATINAXE ARTISTICA | TAEKWONDO LUDUSENGLISH LINGUA DE SIGNOS VOLEY BAILE GALEGO | JUDO PINTURA BALONCESTO PATINAXE ARTISTICA | TAEKWONDO LUDUSENGLISH VOLEY BAILE GALEGO | MULTIDEPORTE ACRODANCE | 16h. |
FRANCÉS (4º,5º,6º) B. MODERNO | ATLETISMO TEATRO INTELIXENCIA EMOCIONAL | FRANCÉS (4º,5º,6º) B. MODERNO FUTBOL SALA MIXTO | ATLETISMO TEATRO | MULTIDEPORTE FUTBOL SALA MIXTO |
Estimadas familias:
¿Qué tal foron as vacacións? Benvidos a este novo curso que comeza.
Dende hoxe xa está aberto o prazo de inscrición para asociarse á ANPA, só tedes que visitar á nosa web www.anpaquintanmondego.wordpress.com no apartado de “SOCIOS” e cubrir o formulario. Non olvidedes incluir a ORDE SEPA cuberta e asinada.
IMPORTANTE
2. O feito de ser USUARIOS DE COMEDOR / MADRUGADORES non leva implícito ser socio da ANPA.
Pertenecer á Asociacion de nai e pais ten moitas vantaxes como:
-Subvencións nas actividades extraescolares
-Preferencia na asigngación de prazas nas actividades organizadas por nós.
-Representación ante a Dirección do centro, Consellos Escolares, comedor, etc.
-Estar puntualmente informados de todo o que acontece na escola.
Dende aquí queremos facer un chamamento ás familias xa que a vosa participación é imprescindible para realizar actividades e melloras no cole en beneficio de todos os nenos e nenas. Pola a nosa banda, sabede que estamos especialmente ilusionados con esta nova etapa e temos moitos proxectos en mente para poder levar a cabo.
Por outro lado, como o pasado curso, temos pensado promover a actividade de natación na piscina de Dorneda. Este ano teredes que facer unha preinscripción do 05 ó 11 de setembro cubrindo un pequeño formulario que encontraredes na nosa web no apartado “ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES”. Os horarios serán semellantes ós do ano pasado e tanto éstes como os grupos serán determinados polos responsables da piscina.
Para o resto das actividades, enviaremos info cando comecen as clases, pero xa podedes botar unha ollada á planificación na nosa web.
Un saúdo
A Xunta Directiva
Si!!!! Estades todos admitidos!!!
En breve recibiredes a info nos vosos correos!
Boas familias
Xa está aberto prazo de inscrición para o campamento urbano que terá lugar no noso cole do 01 ó 07 de setembro. Premede na seguinte ligazón e respostade as cuestións:https://forms.gle/2XAcKXCHcpgVfoH79
Animámosvos a participar no campamento de verán que organiza a ANPA QUINTAN xunto coa Asociación Deportiva As Mariñas, no CEIP Pedro Barrié de la Maza.
Durante estes días de lecer, tentaremos encher o tempo libre dos rapaces e rapazas da forma máis proveitosa e divertida. Para iso temos preparadas: actividades artísticas, lúdicas, deportivas, teatrais…
O campamento celebrarase do 01 ó 07 de setembro.
A hora do inicio das actividades será ás 9:00 da mañá aínda que a partir das 8:00 haberá un servizo de madrugadores. O remate das actividades será ás 14:00 pero poderánse recoller ós nenos ata ás 14:30.
CONDICIÓNS XERAIS E REQUISITOS DE ADMISIÓN
● O campamento só se pode facer se contamos cun mínimo de 15 participantes.
PRAZOS :
● Inscricións en liña do 15 ó 21 de agosto a través do formulario publicado na web da ANPA.
● Listaxe definitivo e nº de prazas vacantes (no caso de que haxa): 26 de agosto.
● Prazas limitadas: 50 usuarias/os.
ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
● No caso de que demanda supera ás prazas, primarase as necesidades de conciliación e ós asociados á ANPA. (Requerirase, de ser preciso, documentación relativa ós horarios de traballo)
PREZOS:
● SOCIOS: 40€
● NON SOCIOS: 60€
● IRMÁNS: 50% DESCONTO (para o 2º irmán e sucesivos)
Estimadas familias:
Antes de marchar de vacacións, enviámosvos o horario de ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
PROPOSTO pero NON DEFINITIVO, xa que este poderá variar en función do alumnado inscrito
en cada unha das actividades.
Para o novo curso realizamos algún cambio en función das vosas propostas, presentadas na
Asamblea Xeral, así contamos novamente con BAILE GALEGO (Miguel Abad de QUEIROA),
FÚTBOL SALA MIXTO (Germán del F.C. Carnoedo) VOLEIBOL (Club Deportivo Padre Faustino
Coruña) e INTELIXENCIA EMOCIONAL (Eva, Educadora Infantil, Integradora Social e profesora
de lingua de signos; recomendamos facelas dúas actividades ainda que se poden realizar de
maneira independente). Tamén seguimos contando con FRANCÉS, lembrade que na ESO é
lingua obligatoria.
A principios de setembro enviaremos a INSCRICIÓN para as actividades e os seus prezos;
aproveitamos para informaros que como novidade, este curso a ANPA subvencionará as
actividades nun 30 % para as familias socias da Anpa.
A partir deste novo curso, e a petición das familias na Asamblea Xeral, tamén comezaremos
coa RENOVACIÓN ANUAL AUTOMÁTICA da INSCRICIÓN de socio da ANPA, xa
enviaremos información.
Lembrade memorizar o noso número en contactos 639947505 para poder recibir a
información vía wasap, e se xa o tedes e aínda así non recibides a información,enviarnos un
wasap para telo en conta. .
AS ACTIVIDADES COMENZARÁN O 03 DE OUTUBRO
BOAS VACACIÓNS!!
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | HORA |
JUDO PINTURA B. MODERNO | TAEKWONDO LINGUA DE SIGNOS VOLEY BAILE GALLEGO | JUDO PINTURA B. MODERNO | TAEKWONDO VOLEY BAILE GALEGO | MULTIDEPORTE FUTBOL SALA MIXTO | 16h. |
PATINAXE ARTISTIC | ATLETISMO TEATRO LUDUSENGLISH INTELIXENCIA EMOCIONAL | PATINAXE ARTISTICA FUTBOL SALA MIXTO | ATLETISMO TEATRO LUDUSENGLISH | MULTIDEPORTE | 17h. |
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | HORA |
JUDO PINTURA BALONCESTO PATINAXE ARTISTICA | TAEKWONDO LUDUSENGLISH LINGUA DE SIGNOS VOLEY BAILE GALEGO | JUDO PINTURA BALONCESTO PATINAXE ARTISTICA | TAEKWONDO LUDUSENGLISH VOLEY BAILE GALEGO | MULTIDEPORTE ACRODANCE | 16h. |
FRANCÉS (4º,5º,6º) B. MODERNO | ATLETISMO TEATRO INTELIXENCIA EMOCIONAL | FRANCÉS (4º,5º,6º) B. MODERNO FUTBOL SALA MIXTO | ATLETISMO TEATRO | MULTIDEPORTE FUTBOL SALA MIXTO 1 | 17h. |
Tamén contaremos con servicio de Ludoteca, dispoñible de luns a venres de 16:00 a 18:00.
Estamos a traballar con clubes, entidades e empresas para que as familias socias da ANPA conten con
prezos máis baixos, se queren acudir as súas actividades, entre elas temos; Robótica en Sada Cartucho,
Club HÍpica de Samoedo e Parkour con el club de Taekwondo Sada.
Este ano tamén contamos con Natación, na Piscina de Dorneda, xa informaremos cómo realizar esta
inscrición.
Boas familias:
Si, estades todos admitidos!!!!
E para os mais preguiceiros, aínda queda algunha praza dispoñible.
https://forms.gle/XBQ6eevhFfdExR9H8
En breve recibiredes a info nos vosos correos!!!