CLUBE TAEKWONDO SADA-ALDA HOTELS

Boas noites familias:

Non queremos que acabe o día sen falar do Clube de Taekwondo Sada-Alda Hotels.

Clube de Taekwondo da nosa vila no que o traballo en equipo, o respeto polos compañeir@s e o esforzo son os pilares fundamentales da súa filosofía.

CLUBE ATLETISMO SADA

Boas familias:

Aínda que sexa domingo, por aquí non descansamos e hoxe imos coñecer o Club Atletismo Sada :
Clube da nosa vila fundado en 1996 onde a súa principal inquedanza é motivar os máis pequenos na práctica de deporte.

No cole temos a sorte de que ademáis de atletismo tamén nos ofrecen multideporte.

Visitade a súa web para máis información :https://clubatletismosada.com

CAMBIO DE DIRECCIÓN

Estimadas familias:

Neste novo curso notificouse por parte do Concello de Sada un cambio no sentido da circulación dos arredores do cole.

A rúa de entrada queda de único sentido de subida ata a guardería.

Este cambio será nas franxas horarias de 8:30 a 9:30 e de 13:30 a 14:15.

C.B GOLFIÑOS DE SADA

Boas familias:

Xa tedes toda a información sobre horarios e prezos das actividades na nosa web, así que nestes días compartiremos máis polo miúdo información interesante de cada unha dos clubes ou profes que as levarán a cabo, por si tedes alguna dúbida.

Comezamos polo C.B Golfiños de Sada: clube de baloncesto da nosa vila pertencentes á Federación Galega De Baloncesto.

Podedes visitar a súa web: https://www.cbgsada.com/gl

REUNIÓN COA INSPECCIÓN DE EDUCACIÓN

Boas familias: 

Deixamos por aquí un resumo da reunión que mantivemos coa Inspección de Educación xunto coa Direccón do centro. 

Por outra banda, seguimos pendentes de contestación por parte da Xefatura Territorial así como da Conselleria de Educación da nosa petición de reunirnos tamén con eles. 

SOLIDARIDADE COA CRUZ VERMELLA

Boas familias:

Dende a Anpa queremos dar visibilidade a esta importante campaña que Cruz Vermella Sada levará a nos vindeiros días: “Volta ó cole solidaria”.

Este venres e sábado (3 e 4 de setembro) recollerán material escolar no Carrefour de Oleiros (situado no Parque Comercial de Oleiros) en horario de 11:30 a 14:00 e de 18:30 a 21:30.

Todo ese material escolar doado será entregado a nenas, nenos e adolescentes en situación de vulnerabilidade social e económica na área de Sada e Betanzos.

Esta campaña nace co obxetivo de reducir  o impacto económico que supón o inicio do novo curso para ducias de familias de Sada que se atopan nunha situación de emerxencia social co afán de contribuir a acadar unha educación inclusiva de calidade.